25/9/08

Cap. 7 - O meu bailador

Lucio consegue unha actuación en Valnobre para a orquestra. Cando de novo visitaba esa vila, sempre se atopaba con Sabela, un vello amor de xuventude “dunha beleza extraordinaria”, así que está nervioso polo reencontro e recorre ó salón de peiteados de Dorinda para mellorar o seu aspecto cun tratamento de estética.

Fran cada vez pasa máis tempo na casa das rapazas. Marta, farta de aturar os constantes abusos de Fran e a intromisión na súa vida privada, discute iradamente con el e ponlle as cousas claras.

Iván acepta o reto de Martínez para participar nunha partida de póquer e terminada desplumado e contraendo unha gran débeda co seu xefe. Pero Dorinda sente mágoa polo rapaz e axúdao a recuperar o diñeiro desafiando a Martínez a unha nova partida.

Raquel parece deprimida e Carlos, preocupado polo seu estado de ánimo, decide facerlle unha festa sorpresa polo seu aniversario, pero a sorpresa chega no peor dos momentos.

Xurxo descobre que Carlos contratou un detective para investigalo. Farto de tanta intriga, enfróntase a Carlos e exponlle claramente que o considera responsable da desaparición de Laura. Ameaza con denuncialo á policía por fraude fiscal.

0 comentarios:

Cóntame o que queiras