25/9/08

Cap. 13 - Revelacións

Silvia chega a casa e atopa a Fran e a Marta bicándose, unha situación preparada pola propia Marta para demostrarlle á súa amiga que non lle mentira. Silvia decide romper con seu mozo, reincorporarse a Os Atlánticos e retomar todo o que deixou atrás: a súa amizade con Marta e a súa relación con Carlos.

Xurxo regresa a Pontedenós moi confuso despois do seu paso por “Nuestra Gente”, o programa de testemuños, xa que non deixa de recibir mensaxes de persoas que sitúan a Laura en lugares moi diferentes de España.

Dorinda enfróntase á súa filla para saber cal é o motivo pólo que está a mentir, por que a votaron do traballo e por que Dani leva tanto tempo sen ir ó colexio. Charo derrúbase e confesa que ten problemas coas drogas.

Martínez obriga a Iván a que tome clases de contabilidade e decide contratar a Raquel coma profesora. Ela descobre unha paixón secreta na ensinanza e o significado da “erótica do poder”. Ademais, Iván recibe dúas ofertas: Martínez quere convertelo en encargado da tenda e, ó mesmo tempo, unha discográfica interésase polo seu traballo.

Carlos pasa a noite con Silvia pero, durante o primeiro almorzo xuntos, recibe unha chamada de telefono: Paula e Carme tiveron un accidente e están no hospital.

Marta decide falar con Xurxo e revelarlle os seus sentimentos. Cando se está sincerando, chaman á porta e Xurxo vai abrir...

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Q ilusión volver ver os atlánticos!! O manquiña e o neno non teñen desperdicio!! A mala xa podía nin volver, esa ten mala ostia dabondo, pero gusta... Mañá máis!! Que gozor...

Anónimo dixo...

Si! Sen dubida xeniais

Anónimo dixo...

Por que non activades os blogs das personaxes? Non se pode escribir nada...

Quero felicitar a Ledicia Sola, Alba Mesa e Antonio Mourelos polas súas interpretacións. Noraboa.

E sígome a rir con Manquiña e Santi Romay. Son a bomba.

Silvia xa parece que está algo máis espabilada, alégrome. E Marta con carácter, coma sempre :)

A ver que pasa hoxe. Apertas.

Anónimo dixo...

¿que pasa en esta temporada que va tan atrasadsa la página?
me encantan los nuevos capítulos, los dos niños son geniales, pero el Dani me tiene robado el corazón ¿no sale más esta temporada?

Anónimo dixo...

Os seguidores estamos fartos de que non nos coidedes con estas cousas: actualizade o blog, abride os das personaxes e poñede máis fotos.

Cóntame o que queiras